Palurdada Nadaleira

Non remite a palurdada nadaleira. Todos os anos comeza a ruxir desde a ponte de defuntos e xa na da Constitución convértese nun balbordo desagradable e pertinaz. As rúas cheiran a doces desexos
de felicidade, as tendas deséxanche os merry christmas na lingua do imperio.
Cáhome no "paz e amor" de todos os anos.
Parece mentira que toda a
sociedade se deixe imbuír deste ortopédico sentimento de harmonía e
candor espiritual, que alenta o catolicismo sectáreo que moldea cada paso deste goberno "vergonzantemente aconfesional".
As luces de Nadal son un
dispendio nestes momentos de crise.
As grandes cidades como Madrid invirte a calafriante cifra de 4 millóns de euros en iluminar as rúas. Quen dixo crise!
Cando nos arrepiamos pensando nos efectos do cambio climático -que comezamos a sentir a pasos de xigante- cando debatemos sobre que facer coa xente que vai perdendo o seu posto de traballo e, polo tanto, o seu lugar, no mundo da "noite de paz" e ao "volve a casa, volve, polo Nadal;
cando descubrimos a concellos endebedados ata as orellas e que van cortando servizos, e botámonos ao novorriquismo nadaleiro, ao consumismo panxoleiro... Qué pouco político sería abrir un albergue (vemos pensións ambulantes, como nesta foto; na mazá oposta á árbore luminosa de luces púrpura); ou aumentar a asistencia social a dependentes. Se cadra iso non dá moitos votos, mágoa.
Pero quen pasa de Nadal, de palurdadas nas rúas -e a quen lle soa allea toda esta parafernalia- estaríalle enormemente agradecida e ata impulsaría unha subscrición popular para unha placa co nome d@ polític@ e o lema "Quen queira Nadal, que grabe panxoliñas en Youtube, aquí non reza nin..."
Clase política, fagan méritos, porque motivos hainos: senón é pola placa-homenaxe, que sexa pola ecoloxía, pola solidariedade, e pola coherencia que se lles presupón (moito supoñer) e moito máis @s do partido no poder.

Comentarios

Entradas populares