As relixións promoven a pederastia

Os abusos sobre a infancia que saen á luz pública son soamente a punta do iceberg do que realmente sucede baixo os hábitos relixiosos. Salientamos a noticia dun evento recente sucedido en Gaza:
  • Hamas patrocinó un casamiento masivo para cuatrocientos cincuenta parejas. La mayoría de los novios estaban en sus medianos veinte; la mayoría de las novias eran menores de diez años. Dignatarios musulmanes, incluyendo a Mahmud Zahar, un líder de Hamas, estaban presentes para felicitar a las parejas que tomaron parte en la celebración, cuidadosamente montada. “Le estamos diciendo al mundo y a Estados Unidos que no nos pueden negar la dicha y la felicidad”, les dijo Zahar a los novios, todos los cuales estaban vestidos con idénticos trajes negros, y provenían del cercano campo de refugiados Jabalia. Cada novio recibió de Hamas un regalo de 500 dólares. Las prepúberes niñas, vestidas de blanco y adornadas con chillones maquillajes, recibieron ramos de novia...(thelastcrusade.org)
Desde o Islam a pedofilia está plenamente consentida, alentada e sancionada polo Corán. Pero non se pode dicir o mesmo da relixión católica, a "historia sagrada", que eu coñecín non incitaba a esta aberración.
Outra cousa son as prácticas e as complicidades, do que falo a continuación.
Non parece casual que cada vez que se coñece un escándalo internacional de abusos e violacións de nen@s ou mulleres, a igrexa católica española salta cunha nova intromisión no noso sistema democrático. Nada é casual.
O informe Murphy, destapado e recoñecido pola xerarquía católica irlandesa, sobre abusos contra 46 sacerdotes da archidiócese de Dublín entre o periodo comprendido entre 1975-2004, non parece inmutar ás xerarquías relixiosas españolas. A Conferencia Episcopal sigue destilando controversia coa reforma da Lei de aborto (aprobada hoxe polo Congreso por ampla maioría) como tinta de calamar, para ocultar os baixos fondos da súa institución. A élite católica española vólvese agresiva, chantaxista, ameazante contra a xente que ostenta o poder político, coas malas artes abondo coñecidas, tamén nos seus colexios relixiosos.
Pero a cuestión non radica en que se metan coa liberdade das mulleres; nin d@s polític@s, (ameazánd@s se comulgan, e outras parvadas semellantes). A cuestión que debe preocupar é porqué non saen á palestra os abusos, que coñecemos, se produciron en internados españois ao longo do franquismo, ou nos últimos tempos.
Será posible que aínda a dor e o medo impidan que a verdade luza neste estado democrático? Ou que a igrexa católica española ten folgos dabondo para permitirse o luxo de chantaxear á cidadanía.
Ou resulta que a ferida "moral" foi tan fonda que @s vítimas aínda non son quen de denuncialo publicamente. Ou será que vivimos nun país cunhas institucións máis atrasad@s, ou nas que confiamos menos que o pobo irlandés.

Comentarios

Entradas populares