“Todas somos Lupe”; de feministas e pobo xitano
Levamos
ese tópico nos carteis. Por qué non dicimos que en realidade nos
encantaría ver no caldeiro, aos mortos aos asasinos? Con iso non
pretendo incitar ao ollo por ollo, non me confundan, falo desde o
terreo simbólico (e algo máis).
Xa
sei, que todas somos potenciais vítimas, pero non deixa de
parecerme ese “Todas somos...” que pintamos nos carteis, un
refuxio de submisión. Como a orde do día.
Estamos
soas; non creo que ninguén nos tome en serio na alta, e nin sequera
na baixa política. As figuras queren saír na foto, aparecer no
xornal co “to-das-so-mos” collido da man; e tamén aplauden,
baixan as escaleiras e, se cadra síntense aliviad@s de que rematara
o acto; una anécdota na reunión no comité do partido; cobrarán
dietas ou horas extra? Probablemente.
Non
fun consciente disto ata a concentración pasada; ao ver a dor desas
mulleres xitanas, tan rotundamente arroupadas pola súa comunidade;
un Rromipén de todas as idades, de ambos sexos da que destacaba a
numerosa presenza de adolescentes. Un apoio incondicional, por
convicción. Nada que ver co continxente apoio daquelas personas que
nos representan.
Pode
que fose un espellismo, se cadra, irrepetible; pero por primeira vez
sentín ao feminismo arroupado tamén.
Xamais
presenciáramos unha convocatoria coma a do pasado Venres perante o
MARCO de Vigo. Foi un luxo ter vivido ese momento único.
Algo
novedoso asomou, forzado polo pobo xitano. Esgrimiuse a xustiza como
bandeira, algo paradóxico nun pobo secularmente oprimido, e moi
desconfiado, precisamente coas instancias xudiciais. Xustiza para
Lupe Jiménez, rezaba unha pancarta artesanal, condena sen paliativos
do crime e o castigo para os seus asasinos (si asasinos, en plural).
Pola
morte de Lupe, entre 50 e 60 persoas serán repudiadas de por vida,
segundo a lei xitana. Este código de xustiza é que de recoñecer os
cooperadores necesarios, cómplices do delicto (por omisión de
axuda) aos que a xustiza paia habitualmente ignora.
A
norma non parece tan descabellada se valoramos que moitos casos de
violencia e asasinatos poderían terse evitado se os familiares deran
a voz de alarma.
Pero
iso perxudicaría a familia, sempre a familia como estrutura
carceraria para a muller. No caso de Lupe, a familia do marido mirou
para outro lado. E os xitanos non perdoan.
Na
nosa cultura, díctanse ridículas e inoperativas ordes de
afastamento que non evitan o perigo para a vítima; pero os xuíces
tampouco se responsabilizan do fracaso dos seus actos nin a vítima
conta cunha comunidade solidaria.
Sinaí
Giménez, o líder da Asociación do pobo xitano, explica nunha
entrevista: “O asasinato dunha muller xitana choca coa nosa
cultura, cos nosos costumes, este asasino riuse ou burlouse deles e
das nosas normas”.
Pregúntome
que tería ocorrido se o marido fose un paio. Xa vai sendo hora de
cambiar o discurso “dos imbéciles escuros” que “non
nos entenden”, que
iso só alimenta a xenofobia e a insolidariedade. E o machismo non
coñece fronteiras comparte o único obxectivo de anular ás
mulleres.

Ogallá
esas chamadas á xustiza e contra a violencia de xénero por parte
dos líderes xitanos, na homenaxe a Lupe, marquen un punto de
inflexión. Porque non queremos máis carteis de Lupes xitanas, nin
paias, pateando as rúas, e recordándonos que vivimos nunha
sociedade atrasada, na que as mulleres aínda non chegaron a cidadás.
Comentarios