Non lle falta un tópico, vaia 8 de marzo!

Hoxe pleno municipal monográfico no Concello de Vigo adicado -ante a ameaza que pende sobre as mulleres-, á proxectada reforma da lei dos dereitos sexuais e reprodutivos. 

A pesar de que ás integrantes do Consello municipal da Muller se lles ceda un salón do Concello para reclamar estes dereitos, seguen a falar para as pedras. 

Pouco ou nada se respecta o discurso, non digo liberador, senón reformista e igualitario que difunden as feministas. continuará...

Ademais do Concello, ;-) tamén chegou o 8 de marzo ao navegador máis popular, así que estou disposta a falar da data índa que nesta ocasión e, sen que sirva de precedente, pola trivialización da mesma.
Hoxe saiume ao paso esta esperpéntica homenaxe ao "hembrismo", desde o expositor dun comercio da cidade.
Resulta pavoroso (faltoulle dicir, viva a "raíña da casa") ver como se desvirtúa este Día Internacional dos dereitos da muller, homenaxe ás obreiras que loitaron polas súas condicións laborais e sociais, durante longas xornadas de folga e represión.
: <  Patética homenaxe ao machismo (e ao mal gusto) nunha data señeira como é o
8 de marzo.
Habería que proxectar un sistema para repelei a proliferación deste ataques contra a dignidade das mulleres. Pero, a quen interesa?! 

O dito, falamos para as pedras.

Por certo, convocatoria de interese lúdico cultural:

Festa-presentación da Festa da palabra silenciada, 7 de marzo, ás 8, no Café De Catro a Catro, Vigo. Quedades convidad@s.

Comentarios

Entradas populares