O Centro de Documentación e recursos feministas de Vigo, o maior de España no seu xénero

Grazas ao labor de máis de vinte anos de recompilación de materiais, por parte da extinta asociación Alecrín de Vigo; grazas ao apoio institucional, sobre todo, do Concello, e a un grupo de feministas que aportaron caixas de documentos, libros e monografías, coa meta de ir construíndo a historia veraz das mulleres, o noso Centro de Documentación de Vigo é un orgullo para esta cidade e para Galicia.
Ogallá siga medrando coa intelixencia destes anos, e o apoio do Concello, porque este centro pode ser a sementeira de moitos traballos de investigación, teses e formación feminista xeral, aberto a toda a sociedade.

Comentarios

Entradas populares