A crise é a coartada máis socorrida para que gobernos ineptos reduzan os servizos que garanten a igualdade.
Desde o feminismo, cómpre estar alerta,
por aquilo de que "cando as barbas do teu veciño..."


ANTE A SUPRESIÓN DO INSTITUTO DA MULLER DE CASTELA-A MANCHA

As persoas, asociacións e organizacións que subscribimos este manifesto expresamos o noso rexeitamento e preocupación:

O Instituto da Muller de Castela-A Mancha foi suprimido tras a reestruturación realizada no goberno por José María Barreda o pasado mes de maio.

1.O argumento económico

Non nos satisfai o argumento da supresión do Instituto da Muller como medida para recortar gastos, é unha xustificación inconsistente tendo en conta que o aforro da totalidade da remodelación levada a cabo, elévase a 90 millóns de euros, o que supón un 0’9 do presuposto total, e se realmente se tivera vontade de emprender medidas de aforro, existen outras, como por exemplo, as indicadas polos Sindicatos UXT e CC.OO. consistentes entre outras, en recuperar o Impostos de Patrimonio e Sucesións, este segundo cedido ás Comunidades Autónomas, e combater de forma efectiva a economía somerxida e o fraude fiscal. Todo isto, na liña de preservar o estado de benestar social como factor de crecemento e de cohesión social... ler máis

http://www.petitiononline.com/mujerclm/petition-sign.html

Comentarios

Entradas populares