Orgullo patrio!
Costa entender que a xente se pelee por un trapo, non deixan de ser actitudes de patio de colexio. A bandeira é unha cousa, e o respecto pola cultura, a sanidade, o ensino, a calidade de vida, dereitos humanos, dunha colectividade, é outra historia.

Pero no marco das próximas eleccións catalanas, observamos un xogo de trapos no que a bandeira, adquiriu case un carácter fetichista. Panos mollados que non conseguen ocultar a corrupción en Cataluña.
Serei inocente, pero non me podo crer que estivesen en serio, no balcón institucional, os nacionalistas das distintas patrias española-catalana.
Será que non entendo moi ben de patrias, e a matria é unha
entelequia, porque as mulleres nunca tiveron patria, como non sexa a
patria común da inferioridade (hai un filósofo progre que di que
ese é o noso problema, o complexo de inferioridade) do sometemento;
o internacionalismo doméstico, que vai provocando odios no primeiro
e no terceiro mundo, esa é a nosa patria.
Pero resulta imposible
independizarse do machismo, ese si que se agarra á súa hexemonía,
sen bandeiras nin sinais de identidade.
Mátense
polas cores, nos graderíos ou nos balcóns consistoriais;
estrélense, bátanse cos seus leóns rampantes, e cando terminen, se
lles queda tempo e vergoña, inda que nada máis sexa un 3% de
vergoña, xestionen os designios do pobo, que os vota, case
recalcitrantemente, desde detrás e diante do trapo: orgullo patrio,
metonimia da estupidez.
E, por certo, non creo que miren con máis cariño a bandeira galega que a española ou a vasca, non nos enganemos; o naval galego ou o metal, "se la trae floja" aos nosos independentistas cataláns.
Como sempre, gañará, non o mellor, senón o máis votado. Pero en fin, “o meu reino non é deste mundo", así que cada quen elixa onde quere escornarse.
Como sempre, gañará, non o mellor, senón o máis votado. Pero en fin, “o meu reino non é deste mundo", así que cada quen elixa onde quere escornarse.
Comentarios