Violencia xudicial

A cotianeidade fai case irrelevantes este tipo de titulares: "Un hombre mata a su mujer en una habitación del Centro Hospitalario de Ourense". 

A muller, de 66 anos, levaba desde o día 3 de abril ingresada, e con graves secuelas físicas, como a perda da fala, estaba a se recuperar dun coma producido por unha malleira "no domicilio familiar", un suposto "roubo con violencia" non que non acreditaba a Garda Civil. 
Daquela, Su Señoría non dictara orde de afastamento para o sospeitoso, senón que permite a convivencia co agresor no cuarto da muller.

Que resposta debería darlle a sociedade a estes casos? Que responsabilidade ten o Estado, o Ministerio de Xustiza, o individuo encargado de impartila, que expón a unha vítima vulnerable á vinganza dun potencial asasino?


Seguiremos queixándonos da abstracción "violencia de xénero" ou debemos optar pola acusación e denuncia dos delincuentes que instrúen as causas, abandonando ás vítimas ao albur?

Se ben se busca a responsabilidade nos casos de corrupción económica, máis se debería perseguir a quen eluden a normativa en canto violencia de xénero. 

Un día aprobouse unha lei Orgánica, que levaba por título de "Medidas de protección contra a violencia de xénero".

Sen embargo esas medidas parecen ser opcionais, de tal xeito que pertenza ao criterio xudicial a súa aplicación. 

As feministas non cremos que ningún goberno teña como meta a erradicación do terrorismo machista, mentres non depure as responsabilidades de quen permite que as mulleres sexan maltratadas e asasinadas. 

Non comprendo por que é tan doado aparlle da profisión a un xuíz que investiga a memoria histórica ou a corrupción, e non se cuestiona apartar da carreira a estes neglixentes que permiten os asasinatos das mulleres.

En tanto que funcionarios ao servizo da sociedade, se non cumpren coas súas obrigas terían que ser apartados do seu posto de traballo.

A execución das leis é unha cuestión non só de vontade, senón de dignidade política. 

Pero nos últimos tempos, a protección das vítimas de violencia de xénero xa non dá votos. Os malchamados "temas de muller" quedan solapados por temas "maiores", nas reivindicacións dos partidos nas campañas electorais. 

Mais a violencia de xénero apremia, non é un problema privado, é estenso e grave; e toda a sociedade debería implicarse. Pero a crúa realidade é que só algunhas nos indignamos máis que outras.

Comentarios

Entradas populares