Ateo sen compromiso

Cruceime con Aba. Como falo dela sen o seu permiso, oculto o seu nome real. Aba encóntrase entre as persoas máis íntegras e eclécticas que coñezo. Alberga no seu corpo e alma (na que cre) un crisol de devocións que só ela sabe facer compatibles: o feminismo, o esquerdismo, o galeguismo, o cristianismo, o teatro e as pizzas.
Canto aprendín de Aba en tanto que foi a miña alumna de interpretación. Nas prácticas construía máscaras dun realismo impresionante: as máis acertadas nos modos e na linguaxe eran as da “casada-ata-as-tetas-de-todo, e as dos monseñores. Con estes últimos gañaría a Palma, ou o Can do festival de Cans.
Ninguén coma ela para coller a esencia viscosa do fanatismo relixioso, ninguén para estruturar o discurso maquiavélico, mentireiro e tremendamente afectado deses espécimes. Ler en Sermos Galiza 

Comentarios

Entradas populares