"RAG's affair"

Por que as Academias da lingua seguen a manifestar aversión polas representantes da única revolución triunfante, en marcha e con moito futuro, que aproveitarán as tataranetas dos Sres. académicos? Si, dígo en masculino porque as voces femininas da RAG cinguiron o seu rumor e non foron quen de dar un paso adiante, para romper a inercia centenaria que xa padeceu Emilia Pardo Bazán.

Alá elas coa súa conciencia e o seu servizo ao patriarcado.
Desde o feminismo seguiremos avocando para que cada vez máis mulleres accedan aos espazos autoasignados polos homes, índa que moitas aproveiten (incluso entorpezan) os camiños abertos polas pioneiras.
Seguiremos denunciando as cotas desproporcionadas dos homes, nos lugares de poder, que desestabilizan o equilibrio democrático dunha sociedade civilizada.
Pero o rexeitamento de María Xosé Queizán, cómpre dicilo, é unha ruindade para a cultura deste tristeiro país galego.

Para máis información, lean o asunto da Academia. MBC


Comentarios

Entradas populares