"RAG's affair"

Por que as Academias da lingua seguen a manifestar aversión polas representantes da única 
revolución triunfante, en marcha e con moito futuro, que aproveitarán as tataranetas dos Sres. 
académicos? Si, dígo en masculino porque as voces femininas da RAG cinguiron o seu rumor
e non foron quen de dar un paso adiante, para romper a inercia centenaria que xa padeceu 
Emilia Pardo Bazán.
Alá elas coa súa conciencia e o seu servizo ao patriarcado.
Desde o feminismo seguiremos avocando para que cada vez máis mulleres accedan aos 
espazos autoasignados polos homes, índa que moitas aproveiten (incluso entorpezan) 
os camiños abertos polas pioneiras.
Seguiremos denunciando as cotas desproporcionadas dos homes, nos lugares de poder, 
que desestabilizan o equilibrio democrático dunha sociedade civilizada.
Pero o rexeitamento de María Xosé Queizán, cómpre dicilo, é unha ruindade para a cultura 
deste tristeiro país galego.

Para máis información, lean o asunto da Academia.
                                                                                              MBC

Comentarios

Entradas populares