A igualdade en perigo



O deterioro da situación económica global unido ao problema da baixa natalidade galega serven de coartada para que o noso goberno poña en movemento a súa batería de (contra)reformas lexislativas, que semellan devolvernos a estadíos sociais predemocráticos. Quen xa pasou dos corenta recorda con pavor os premios de natalidade instaurados polo franquismo que percibían as familias españolas que máis criaturas enxendrasen.
Aquela imaxe patética na que a muller presumía fachendosa da súa entrega ao mundo doméstico e a procreación regresa a nós con esas manifestacións multitudinarias de tribus familiares comandadas pola igrexa, na praza de Colón madrileña.
O goberno da Xunta de Galicia recolle o latexo daqueles tempos do franquismo e, coa súa maioría parlamentaria, consegue aprobar a Lei de apoio á muller embarazada, froito dunha iniciativa popular, redactada por unha organización dogmática relixiosa chamada Red Madre.
Sen dúbida estamos na vía dun inquedante backlash ou contrarreforma.
O último paso atrás é a controvertida Lei de apoio á familia, un despregue dogmático que ata o mesmo CES (Consello Económico e Social), presidido por un ex parlamentario do PP, Pablo Egerique, tacha de “regresiva”. O pormenorizado ditame do CES cuestiona a incoherencia de crear novos órganos como o Consello Galego da Familia e o Observatorio Galego da Familia, cando o legislativo galego o que pretende é aforrar ornamentos públicos. .../...
Tres en raia. Tempos Novos
 Mónica BC


En defensa da igualdade, non á Lei de familia. Asina aquí o manifesto

Comentarios

Entradas populares