DE PREMIOS ACEPTADOS, INMERECIDOS E OUTRAS IMPUDICIAS


A HISTORIA cóntana os vencedores, conta o dito popular. Mais eu teño para min que "a historia fána os titulares dos Media"; e para quen lemos uns renglóns máis que a media (valga a homonimia) abondan as portada dos xornais e os seus grandes titulares dos últimos días de novembro.

Hai xa tempo que cheguei ao convencemento de que o realmente salientable non sae nos xornais. 
A miúdo planea sobre min unha dúbida do tipo "ovo/pita"; quen chegou antes: o premio ou a importancia d@ premiada@? Gañar premios e ostentar cargos dá pé a sentirse importantes? Ou é esa necesidade de distinguirse -da que falaba C.Arenal- no ser humano, a que precisa de laureis e recoñecementos para sentirse algo na vida.
Non nos equivoquemos, non tomo de exemplo aos mártires, aos que a nosa cultura, mergullada en conceptos relixiosos, se empeña en homenaxear; nin en santos anónimos, nin en Vicentes Ferreres (digno de eloxio, pero por certo, cun labor ben mediático, polo menos nos últimos anos).
Gañar premios non me resulta intrisecamente malo; expoñerse á opinión pública implica certos riscos. Algunha vez tocoume a min, merecida ou incluso inmerecidamente, pero incluso nese caso, aproveiteino alimentando a esa alimaña detestable que se chama orgullo. 
Así é: o malo é cando o premiado é o propio orgullo mesquiño, non a propia vida xenerosa, solidaria, coherente coa ideoloxía da que se presume. 
Facer que esa parcela indigna triunfe sobre a honradez e os principios, invalida a calidade humana, faina detestable e pouco crible.
Pero non toda a culpa das louvanzas a ten o suxeito louvado; moitas veces quen elixe e homenaxea miserablemente ten a responsabilidade de quebrar a liña das verdades históricas. 
Repasen titulares e portadas dos últimos días, que noxo!
Ai, se o noso Otero Pedraio levantara a cabeza... 


M. Bar

PS: poi iso valoro tanto certas posturas como a seguinte:


  Agustín Fernández Paz non acepta o Premio da Cultura Galega*

*(Fonte: Radiodifusión)
Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba e reside en Vigo
O escritor Agustín Fernández Paz fixo pública esta tarde a súa decisión de non aceptar o Premio da Cultura Galega concedido pola Xunta de Galicia na categoría das Letras...

Grazas Agustín: dun goberno contracultural 
e acomplexado
 non se pode aceptar un premio de
cultura.
Cidadá Monbac

Comentarios

Entradas populares