A PALABRA DE MARÍA XOSÉ QUEIZÁN NA ACADEMIA

A palabra de María Xosé Queizán na RAG

Carta aberta as académicas e académicos da RAG
A escritora e feminista María Xosé Queizán foi elixida polo Consello Municipal da Muller de Vigo na sesión celebrada o día 14 de setembro de 2010, como digna candidata para formar parte da ilustre institución que vostedes forman. O Consello, axente das políticas de igualdade, levou a consenso a proposta de acadar unha maior representación das mulleres na Real Academia Galega, na actualidade, integrada soamente por catro mulleres, logo do recente pasamento de Olga Gallego Domínguez.
A resolución do Consello valorou o labor extenso a prol da nosa cultura e a nosa lingua, de María Xosé Queizán, consolidada nas súas diversificadas facetas como intelectual, docente e activista a prol dos dereitos das mulleres na nosa sociedade e que damos por feito, a Institución que vostedes forman, terán a ben considerar.

Comentarios

Entradas populares