O Ministerio de Igualdade recoñece á militancia galega

O nomeamento da deputada do Parlamento de Galicia, Laura Seara, a fronte do Instituto da muller, supón un recoñecemento a unha nova xeración de relevo no feminismo socialista, e ao feminismo periférico.
Non lle restan méritos políticos a esta socialista, militante desde a adolescencia, que desde o seu espazo parlamentario formou parte da Comisión non permanente para a igualdade e os dereitos da muller; foi impulsora da plataforma polo dereito a decidir, que concienciou sobre
as reformas la Lei de aborto, etc.
Queda longo camiño de igualdades, transversalidades, empoderamentos para as mulleres, co pano de fondo da teimuda violencia de xénero; que descobre a crúa realidade das mulleres: a falta de formación, a inseguridade laboral, a responsabilidade da estrutura familiar, en definitiva, volvendo ao punto de partida: a desigualdade.
Polo que coñecemos da traxectoria de Seara e as súas declaracións aos medios, comprobaremos que esta feminista ourensá vén cargada de boas ideas, como o diálogo e o apoio ao "tecido social"; metáfora que nos inclúe ao resto que non estamos na punta de lanza da política: as pensantes, as currantes, as reivindicativas, as do traballo discreto e ingrato, as "bases" feministas.
Esperemos que cumpla e os cambios empecen a sentirse, empecen a ser accións e non campañas exóticas, publicidades de salón que engaiolan a columnistas cretinos (progres ou fachas, tanto ten) aos que, por militancia, nos vemos obrigadas a contestar.
Esperemos un arranque sólido e seguro que filtre as críticas en non teña que pedir perdón, cando pretenda dar un gran salto, que é realmente o que se espera.
Polo que nos queda de ilusión e desexos de avanzar na igualdade, parabéns feministas, Laura.

Comentarios

Entradas populares