Volcáns e presentación
Non coñezo actividade volcánica na Galiza, que me perdoen @s especialistas, sei que arden as augas da Chavasqueira e doutros puntos da nosa xeografía, pero o que son volcáns, o que se di erupcións de lava, non teño noticia. Por esa razón escollín o título dun volcán foráneo para nomear a este blog. Máis preto quedaría o Teide señorial con ese impresionante Parque Nacional, Patrimonio da Humanidade e todos os galardóns do mundo que non son quen de definir a súa beleza envolvente, austera e silenciosa da montaña de Tenerife.
Para nomear este blog, preferín os discretos e asumibles 900 metros de altitude do Strómboli, que se asemellan máis ás altitudes galegas, aos vertixinosos 3700 do Teide.
Por ese motivo e pola suxerente película de Rossellini, Stromboli, terra de deus, que me levou a valorar a Ingrid Bergman como unha das actrices máis cribles e elegantes da historia do cine.
Chámase Strómboli o blog tamén pola actividade do volcán italiano que, cunhas regulares expiracións (cada 20 minutos segundo a Wikipedia) avisa do seu continuo movemento interno e que me gustaría, fose a impronta desta páxina-blog, ou diario, unha actividade "telúrica" que pretende manterse viva ao lume das ideas e a razón.
Benvid@s
Comentarios