O Marisquiño




 Este fin de semana celébrase "O marisquiño", en Vigo. Non entendo por qué leva un nome tan inadecuado para representar a un concurso internacional de saltos acrobáticos de skates, bikes, patíns bicicletas, un voo acrobático de deportistas, unhas veces, bailaríns, outras paxaros, que burlando o ritmo e as leis da gravidade, nos entusiasman ata límites impredecibles. Bon, a uns máis que a outros, porque ao alcalde de Vigo, non hai estrado ni pista nin sarao que se lle resista. Onte, nunha mostra de hip-hop, asaltou a pista con semi movementos cargados de boas intencións e tremendo estilo, abrindo o baile como un noivo entusiasta. Pero a emoción, e os choques de puños entre os participantes, chegou cando Caballero lánzalle o reto ao alcalde de Madrid, Martínez Almeida. Un reto ao hip-hop é cousa sería. Non sei que gañará nin se Almeida collerá o testigo, pero non me perdería por nada o espectáculo e o concurso ao <alcalde bufón do ano>. Os hip-hoperos saltaban de goce, Abel for president. Hay que botarlle coraxe, que a Caballero non lle falta; sempre sabe colocarse onde lle corresponde. Bo, sempre menos cando a veciñanza do barrio de Teis, lle solicita uns servicios sanitarios para o Kiosco da praia. Acredito que o aspecto deste espacio a nivel de hixiene e estética, proxectan un aspecto de abandono inconcebible nunha cidade civilizada. Un par de ramplas e uns servicios para a rapazada de Teis non son nada, para unha cidade que cubre case o total das prazas hoteleiras nos días que a corporación organiza eventos, que baten todas as marcas de éxito. Abel, en Teis deberon ser os primeiros en bailar hip-hop, non hai razón para que os castigues deste xeito. As peticións son unha miseria e totalmente necesarias, para evitar problemas serios de salubridade.
Mañá continúa a crónica dos saltos do Marisquiño.
Moka Cendón 

Comentarios

Entradas populares