Regresión, de Alejandro Amenábar
*Regresión
(I)
Onte
acudín ao cine a última hora, aproveitando o horario no que o
cansazo do día pode volverse en contra das expectativas postas na
fita, que todo hai que dicilo, non eran moitas. Temía encontrarme
cunha segunda parte de Los otros, ou alguna trama esotérica
sellante. Pero o certo é que me sostiven durante 105 minutos ao
asento sen pestanexar.
Unha
confluencia de factores, todos afortunados: a base real da historia;
o desenvolvemento do guión, que compón unha trama en absoluto
predecible, obrigando a cohabitar con ela, a reflexionar, a empatizar
coas personaxes e a aborrecelos pasadas unhas poucas secuencias.
Alí
estaba Amenábar en estado puro, conseguindo aquilo de nada é o que
semella ser.
A
trama atenaza as personaxes neses espazos de terror que elas e eles
mesmos crean.
Somos
as nosas crenzas, as nosas suxestións, creamos fantasmas para poder
vivir e acadar os nosos obxectivos. Tal vez aí recae outro dos
valores fundamentales da película, que quedará para comentar noutra
entrega.
Decateime
que tamén eu anticipaba prexuiciosamente o final, integrando o
propio test sicolóxico ao que o guionista che somete.
Magnífica
Regresión, desde dentro e cunha estética naturalista, con
tintes sutís expresionistas e gore; o imprescindible para pincelar
un film de suspense, sicolóxico, gótico, negro? Non merece a pena
ni sería correcto etiquetalo.
O
movemento da cámara, prolongación dos estados de ánimo a impecable
iluminación, creando unha atmósfera abafante, etc. cun reparto de
altísimo nivel que emana credibilidade por todos os poros.
*Ficha
da película Regresión: dirixida
por Alejandro Amenábar. Con Ethan Hawke, Emma Watson, Aaron Ashmore,
Devon Bostick, David Thewlis, Dale Dickey, Aaron Abrams, ...
Estrea
mundial no Festival de Cine de Donostia, 2 de outubro de 2015.
Comentarios