O benestar
O
benestar
Hai
xa tempo que o termo quedou en desuso: Benestar, con maiúsculas.
Foise desgastando o concepto co paso do tempo e case nin ousamos
nomealo como se fose un luxo que lucimos nun determinado momento e
agora ocultamos vergonzantes. Como se a súa orixe non se debese aos
"aforros" conqueridos grazas ao noso esforzo, ao longo dos
anos, de horas de traballo e impostos pagados de xeito responsable,
que son o crédito que se lle proporciona á clase gobernante para
que o garante nun futuro.
Eles son @s encargad@s de proporcionárnolo:
o noso Benestar.

Haberá
que tomarse moi en serio a estratexia de deixar caír en anacos o
tecido público que nos pertence e que todos e todos os gobernos, desde os municipais ata o estatal, están poñendo a venda. Non hai máis que ver as consecuencias dunha privatización dos servizos de limpeza da cidade de Lugo.
Levémolo aos servizos de saúde. No novo hospital de Vigo prescíndese do laboratorio central. A quen teñen pensado mandarlle as mostras? A que empresa se lle vai encargar o traslado das probas? Como permitimos que xoguen coa nosa saúde deste xeito miserable?
Somos
nós quen temos os ollos vendados?
Comentarios