Viva o fútbol!

Cando vexo algún partido, non deixo de pensar na nosa complicidade coa masa testosterónica enfebrecida que terminará en calquera burdel ou carretera colindante aos estadios.

Éntrame noxo e ganas de meterlles de volta a baba que cuspen todos os xogadores como líquido celestial. Seres divinos, máis altos que o 
Pâo de Açúcar que se moven tras un coiro esférico, pelexan, empurran, ata se sodomizan nos goles con violencia e goce. “Isto é un deporte de homes”.

Non sei se verei algún partido e perdo a pouca sensatez que me queda, sentíndome cómplice dos inmundos puteiros que agardan o pito final do árbitro para, guiados polo seu instinto ancestral, consumir carne humana, pequena e pobre, segundo o poder adquisitivo. 

Ninguén os perseguirá; pronto será tamén aquí legal.

Seguramente moitos deles firmarán contra as lapidacións e contra os Talibáns. Contra a fame e a inxustiza. Todo se pacta nas Nazóns Unidas. Todo se celebra, saben como? 

Como nos mundiais!


Viva o fútbol!

Comentarios

Entradas populares