Tercer premio, Microrrelatos mulleres progresistas

A travesía

Un peixe voador brincou sobre o xelado que Lena saboreaba no espello de popa, afogándollo na ardora. Trinta anos antes, a xeladeira da ruta ás Cíes servíralle unha esquisitez cantando A donna é mobile; daquela, papoullo un golfiño. Chorou a perda, mais nunca, ata esa noite, reparara no tópico da canción: Móbile?! Trinta anos de formación para culminar neste soño: capitanear a Travesía do Atlántico. A mar, goce e rumbo ineludible para Lena. Retomou o timón; consultou o GPS e aumentou tres nós a velocidade do seu Galicianus -54 pés- porque hoxe saborearía un intrépido amencer na Martinica.

Comentarios

Entradas populares