Longa vida ao legado de Rita Levi-Montalcini
Temos mil motivos de agradecemento á figura da Nobel Rita Levi-Montalcini, como científica, polos seus achados sobre a plasticidade neuronal, e pola súa teima na formación de novas xeracións de científicas aló onde o acceso ao ensino era un privilexio para uns poucos. Porque a pena non nos impida brindar pola prosperidade do seu legado.
Unhas palabras que perpetúen a súa imaxe neste blog.
Con 103 anos de idade (30/12/12), falece na súa casa de Roma, Rita Levi-Montalcini unha das figuras cruciais para a ciencia do século XX. Con estas frase que sintetiza a súa incansable dedicación á investigación: “Entrei na xungla do sistema nervioso e quedei tan fascinada pola súa beleza que decidín dedicarlle todo o meu tempo, a miña vida!” iniciaba o meu artigo na Festa da palabra silenciada (nº 27 “As nobel científicas”, Vigo 2011) dedicada a unha das escasísimas Nobel científicas da historia.Mónica Bar

Comentarios