Sobre as coidadoras

Onte celebrábase o día internacional das persoas discapacitadas e, simultaneamente recibimos a seguinte machetada do goberno Rajoy. Este mes (xa hai que ser fodidos), deixa de pagarse a cotización das persoas coidadoras, non profesionais, man de obra barata (98% mulleres, segundo o IGE, Instituto Galego de Estatística) que podía aliviar a durísima tarefa de facerse cargo dunha persoa dependente. O custe era elevado, ao parecer, preto de 300 millóns de euros -iso está por ver- pero aínda así resulta unha miseria comparado cos pagos a fondo perdido regalados as entidades financieiras que non conceden un fodido crédito para as “familias”, as pemes e @s autónom@s. ler máis


Comentarios

Entradas populares