Praza Pública, novo xornal dixital 


Despois da desfeita económica que levou aos xornais galegos a esmorecer, resultado tamén da gadaña das políticas culturais dos últimos tempos, a saída ás redes dun novo medio sempre é un motivo de celebración.
Supoño que con toda a intención do mundo arrancan cunha foto na CUBERTA... como diría eu, decimonónica? Ben, non sei como definila. Ela canta por si mesma; algo falta.
-Si, claro beleza, pero nos homes é o de menos.
Coa que está caendo, forrados e todos xuntiños en campaña.
Xa estamos acostumadas a non saír nas fotos salvo en roles subalternos e de servizo. Segue a corroborarse o que xa sabemos: quen manda nas accións da bolsa, nas axencias de cualificación, nos mercados internacionais...ay quién manexa mi barca...quién... que a la deriva me lleva, quién. Por certo, a nave está escorada ou mo parece a min? Fíxense non ombreiros.
E pretenden ser modernos? Pois levan todas as trazas.          
Do máis oportuno, Praza pública.
Parece ser que aos señores xestores da NOCAGA, ao contrario do que lle pasaba ao señor Benavente (cando se suscitou a polémica sobre o acceso das mulleres aos tronos da RAE) e parafraseando as palabras do ilustre dramaturgo, "non lles gusta ver as mulleres en todas partes". 
PD.- Por certo, de cal deles sería a idea de pórlle á entidade un nome de laxante?
- Que non estás ao día, agora non é NOCAGA senón NOGABA.
-Ah, si... Non Gañamos Bastante.
-Uf, que malo.
-Si.

Comentarios

Entradas populares