
Presentación SEGUNDO SEXO, 2º tomo, A experiencia vivida, de Simone de Beauvoir, de Edicións xerais
Interveñen: Iolanda Veloso, Marga R. Marcuño (tradutora), Carme Adán, Fran Alonso (ed.) e María Xosé Queizán
Casa Galega da Cultura, Vigo
Xoves, 10 de xuño, ás 20:00
Agardo que asista moita xente e poida, dese xeito, celebrar as millentas horas que a tradutora nos regalou do seu tempo para esta magnífica tradución. Podemos estar orgullosas, en Galiza, por gozarmos dunha das mellores edicións sobre unha obra fundamental coa que todas medramos.Interveñen: Iolanda Veloso, Marga R. Marcuño (tradutora), Carme Adán, Fran Alonso (ed.) e María Xosé Queizán
Casa Galega da Cultura, Vigo
Xoves, 10 de xuño, ás 20:00
Grazas de novo a Marga Marcuño polo seu traballo e a Edicións Xerais pola edición da obra e contribuír á normalización do noso sistema literario. As e os representantes políticos só cumpren co seu traballo, estar ao servizo da cidadanía. Non é mester agradecer unha sensibilidade

Desde o Rhin romántico, unha feliz noite.
Marga Romero
(Nota da blogueira: Este comentario, que aplaudo e subscribo merecía o protagonismo dunha entrada propia. Grazas, ás Margas)
Comentarios