Pódese saír do machismo?

"Del machismo se sale" Só era o titular dunha revista que non lin, pero que me chamou a atención. Levábaa unha muller na marcha contra as Violencias machistas, do día 7 de noviembre, en Madrid. 

Aí caín no que realmente me chamou a atención, no paradóxico; en realidade "nunca se sae do machismo". Pódese "saír" dunha relación opresora, de certo maltrato privado, pero non do machismo estrutural no que vivimos e aprendimos a navegar.

Coa soa presencia dese gran cartel mostrando unha muller insinuante e obxectivizada, mentres desembocaba a manifestación contra as "Violencias machistas" confirmabase a contradición reinante nesta sociedade. As mulleres, a pesar dos discursos e das boas vontades dos políticos o día 25 de novembro, estamos atrapadas.

Comentarios

Entradas populares