O documental de Patricia Ferreira "Señora de" triunfa en Vigo.

O salón do MARCO, de Vigo, rebordaba público, na segunda sesión de actos de celebración do día 8 de marzo.
O documental de Patricia Ferreira retrata un amplo espectro social das mulleres que "perderon a guerra", mestras, amas de casa, avogadas, labregas, antigas compoñentes da sección feminina, do mundo urbano e do rural.
As mulleres despregan os seus recordos vitais cunha honestidade demoledora, non desprovista, nalgún caso de sentido de humor. Reflexións sobre os seus "labores" a súa vida conxugal, a súa sexualidade, normativa ou contracorrente.
Señora de déixanos unha valiosa trama para documentar a historia do franquismo e os seus alicerces ideolóxicos y morais.
Testemuños sen precedentes, enmarcados nunha realización fermosísima, a iluminación dos rostros, a áxil adaptación da cámara aos xestos, aos detalles cotiás do entorno; ao ambiente físico, palpable e nídio.
Todos estes ingredientes conseguen que entre o conxunto dos caracteres - as mulleres- queden individualizadas unha a unha perpetrando o interese de cada experiencia como única e sen embargo identificable para todas.
O resultado foi o inteso intercambio de pareceres do público ao remate da proxección.
Agardamos que sexa premiada no Festival de Cartaxena de Indias onde está merecidamente nominada.

Producida por "O Raio Verde", con guión de Patricia Ferreira en colaboración con María Salgueiro, Carmen I. Rábade e interpretada por: Segunda Portables, María García, Mercedes Noval, María del Pilar Pets, Asunción Fernández, Alicia García, Ana Blanco e Filomena Fraga. Montada por Rita Romero Gómez.

Comentarios

Entradas populares