21 nov. 2009

Revanchismo de que xénero?

O artigo titúlase “Revanchismo de género” (El País, 19-11-09) pero en realidade debería titularse “...e logo dirán que as violan”, que é o que se deduce da opinión que lle merece a campaña do Ministerio de Igualdade ao escritor Enrique Lynch.
E a campaña contra a violencia de xénero non pode ser máis inxenua; unha chica posa con “mirada diáfana, sonrisa displicente y un poco altanera” (Lynch dixit); acompañada dun eslogan: DE TODOS LOS HOMBRES QUE HAYA EN MI VIDA NINGUNO SERÁ MÁS QUE YO.
A verdade, o que costa entender é a candidez coa que o Ministerio quere “mentalizar” as mozas de que unha muller vale o mesmo que un home, e que non hai razón para que se deixen someter.
Realmente é patético que a estas alturas da historia do noso Estado democrático de dereito teñamos que temperar gaitas con campañas tan descafeinadas. Pero se esta mensaxe tan sinxela non lle chegou a gente instruída, como o autor do artigo, confírmase todo o pesado camiño que nos queda por andar.
Na mente de moit@s está a famosa “sentenza da minisaia”, na que se exculpou a un agresor porque a muller “ía provocando” (e outras moitas do mesmo estilo) que deu lugar a múltiples e apaixoadas controversias acerca da falta de senso común dalgúns xuíces.
Máis adiante, o autor fai referencia a letras de cancións nas que as mulleres se liberan dos seus homes (polo motivo que sexa, basta con deixar de querer, non hai nada de revanchismo niso, creo eu, ou será dos que pensa que o amor é para toda a vida). Pero Lynch, como no caso do xuíz da minisaia, considera ás mulleres, cómplices da violencia que se exerce contra elas. E así manifesta: tres nuevas canciones de esta guisa y la tasa mensual de asesinatos de mujeres acabará por triplicarse”;
desculpando o único revanchismo que existe,
nos asedia, e nos mata; o que atenta
contra a igualdade xenérica e a dignidade humana,
en definitiva, o que procede
de individuos que pensan como el.

De contado, ocórreseme outro eslogan, aplicable ao sr. Lynch, que coreaban as feministas dos anos 80: “Nin é a minisaia, nin é o pantalón -ou a canción- na mente machista, está a provocación”.
E seguindo con eslogans, abro o meu blog a distintas propostas para motivar ao Ministerio de Igualdade en campañas máis contundentes; porque está claro que a cousa light (case de pedir perdón, algo tan feminino) só enardece ás mentes quentes, que rexeitan a emancipación feminina.
Lémbrome dunha sentenza que lanzábamos aos setemachos, ou aos que practicaban escape libre, nos tempos de instituto: “A túa `potencia´ é a túa impotencia” (incluso poderían compartila coa DX de Tráfico.


20 nov. 2009

¿Revanchismo, de qué género?

El artículo se titula “Revanchismo de género” (El País, 19-11-09) pero en realidad debería titularse “...y luego dirán que las violan”, que es lo que se deduce de la opinión que le merece la campaña del Ministerio de Igualdad al escritor Enrique Lynch.
Y la campaña no puede ser más ingenua, una chica posa con “mirada diáfana, sonrisa displicente y un poco altanera” (Lynch dixit); acompañada de un eslogan: DE TODOS LOS HOMBRES QUE HAYA EN MI VIDA NINGUNO SERÁ MÁS QUE YO.
La verdad, lo que me cuesta entender es la candidez con la que el Ministerio quiere “mentalizar” a las jóvenes de que una mujer vale lo mismo que un hombre y que no hay razón para que se dejen someter.
Realmente es patético que a estas alturas de la historia de nuestro Estado democrático de derecho tengamos que templar gaitas con campañas tan descafeinadas. Pero si este mensaje tan sencillo no le ha llegado a gente instruida, como el autor del artículo, se confirma desgraciadamente, todo el camino que nos queda por andar.
En la mente de much@s está la famosa “sentencia de la minifalda”, en la que se exculpó a un agresor porque la mujer “iba provocando” (y otras muchas del mismo jaez) que dio lugar a múltiples y apasionadas controversias acerca de la falta de sentido común de algunos jueces.
Luego el autor hace referencia a letras de canciones en las que las mujeres se liberan de sus hombres (por el motivo que sea, basta con dejar de querer, no hay nada de revanchismo en eso, creo yo, a no ser que el autor sea de los que piense que la pareja sea "hasta que la muerte nos separe", pase lo que pase). Pero Lynch, como en el caso del juez de la minifalda, encuentra a las mujeres, cómplices de la violencia que se ejerce contra ellas. Y así lo da a entender: tres nuevas canciones de esta guisa y la tasa mensual de asesinatos de mujeres acabará por triplicarse”;
disculpando el único revanchismo que existe, nos asedia, y nos mata;
el que atenta contra la igualdad genérica y la dignidad humana;
en definitiva el que procede de individuos que piensan como él.

Automáticamente se me ocurre otro eslogan, para contestarle a Lynch, que coreaban las feministas de los años 80: “Ni es la minifalda, ni es el pantalón -o una canción- en la mente machista, está la provocación”.
Y siguiendo con eslogans, abro mi blog a distintas propuestas para el Ministerio de Igualdad, para que se animen con campañas más contundentes, porque está claro que la cosa light sólo enardece a las mentes calenturientas.
Me acuerdo de uno que lanzábamos a los gallitos o a los que practicaban escape libre, en los tiempos de instituto: “Tu potencia es tu impotencia”; también adecuada para la DGT.

12 nov. 2009


PARA NON PERDERSE:

"Por diante e por detrás", da compañía Máscara Producións de Vigo

Xerome Calero e Antón Casal dirixen e adaptan unha esmendrellante "Noises off", de Michael Frayn, para verdadeir@s amantes do feito teatral.
A obra que calquera profesional soñaría poder montar pero que fai falta ter valor para levala a cabo (e sen subvención da Xunta de Galicia) enfronta un dos tópicos que forman parte case do inconsciente colectivo d@s xentes de teatro. Quen non pensou que o que sen dúbida merecía a pena pór en escena era o que sucedía entre caixas?
E mellor aínda, cómo facer ao público partícipe da complexa armazón teatral.
Pois ben, esta idea desenvolvida cun ritmo trepidante, cun aproveitamento inxenioso dos gags e cunha interpretación excelente, axustada ás necesidades das accións dramáticas, fan deste "Por diante e por detrás" unha peza imprescindible no noso panorama teatral.
Moi necesaria para recuperar ao diezmado público teatral, ao que xa non se lle seduce con faraónicas escenografías, quere ver o "vapor destilando polos poros d@s intérpretes" (o do vapor foi metáfora reciclada da crítica que veño de ler en A Nosa Terra (de onde foi extraído o recadro da ficha técnica).
A versión de Máscara desta peza non ten nada que envexar á xa divertidísima versión dos anos 80, de Amparo Baró e (se a miña memoria non me traizoa) de JM Pou. Que ao seu favor contaban cunha plataforma xiratoria que, obviamente, favorecía o tránsito escénico.
A resolución escenográfica de Máscara é nídia, as estruturas, os útiles, o abaneo dos tabiques, todo se dirixe a demostrar que o teatro é fina convención, un xogo cheo de trampas, e que na medida en que @s intérpretes se divirten co xogo e cos xoguetes, o público fai o mesmo.
Noraboa a Máscara.

NEURAS, de María Xosé Queizán triunfou na súa estrea en Cangas do Morrazo. O público riu a cachón os gags d@s dúctiles e, por momentos, brillantes intérpretes; devorarou unha obra de tese, ironía e indudable contido ideolóxico, como non podía ser doutro modo, tendo en conta á autora. Agora inicia unha xira galega que promete levar ás principais cidades galegas esta peza profunda e divertida.
Sigan a esta compañía, ONFALO TEATRO, promete darnos moitas e refrescantes sorpreesas... desde un compromiso de xénero

O documental de Patricia Ferreira "Señora de" triunfa en Vigo.

O salón do MARCO, de Vigo, rebordaba público, na segunda sesión de actos de celebración do día 8 de marzo.
O documental de Patricia Ferreira retrata un amplo espectro social das mulleres que "perderon a guerra", mestras, amas de casa, avogadas, labregas, antigas compoñentes da sección feminina, do mundo urbano e do rural.
As mulleres despregan os seus recordos vitais cunha honestidade demoledora, non desprovista, nalgún caso de sentido de humor. Reflexións sobre os seus "labores" a súa vida conxugal, a súa sexualidade, normativa ou contracorrente.
Señora de déixanos unha valiosa trama para documentar a historia do franquismo e os seus alicerces ideolóxicos y morais.
Testemuños sen precedentes, enmarcados nunha realización fermosísima, a iluminación dos rostros, a áxil adaptación da cámara aos xestos, aos detalles cotiás do entorno; ao ambiente físico, palpable e nídio.
Todos estes ingredientes conseguen que entre o conxunto dos caracteres - as mulleres- queden individualizadas unha a unha perpetrando o interese de cada experiencia como única e sen embargo identificable para todas.
O resultado foi o inteso intercambio de pareceres do público ao remate da proxección.
Agardamos que sexa premiada no Festival de Cartaxena de Indias onde está merecidamente nominada.

Producida por "O Raio Verde", con guión de Patricia Ferreira en colaboración con María Salgueiro, Carmen I. Rábade e interpretada por: Segunda Portables, María García, Mercedes Noval, María del Pilar Pets, Asunción Fernández, Alicia García, Ana Blanco e Filomena Fraga. Montada por Rita Romero Gómez.

10 nov. 2009


Haberá quen crea que se trata dunha broma de Entroido ou "jalogüín", pois non: trátase dunha foto auténtica tomada no recentemente urbanizado -con moito gusto, por certo- entorno de Povisa-Villalaura de Vigo, e concretamente dun cruce da rúa Zaragoza. Sempre hai prioridades, non é que se trate de facilitar o acceso a ambulancias, nin a urxencias en xeral, non: paso á Garda Civil.
Sooume un pouco reseso, non si? Pois aí queda iso.

4 nov. 2009

EUROPA POLOS DEREITOS HUMANOS

Europa está impulsando o cumprimento das obrigas cidadás de todos os Estados membros, xa era hora.
Unha sentencia europea, esta vez do Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo, considera que os crucifixos nas aulas son un atentado contra os dereitos humanos, e unha vulneración da liberdade relixiosa que un estado aconfesional, como o italiano. Isto ratifica a denuncia interposta por unha nai italiana que denunciou ao seu estado por manter os crucifixos nas aulas, a pesar de que o Estado italiano derrogase o acordo asinado co Vaticano (acerca da confesionalidade católica de Italia) nos anos 60. O máis curioso do asunto é que, por suposto o presidente Berlusconi, coñecido polos seus últimos debuts de ávido puteiro, e non precisamente polo seu profesamento relixioso, pretenda recorrer a sentencia europea.
Sigamos o exemplo da madre italiana que, en definitiva, o que fixo foi valerse dos seus dereitos de cidadá europea para que os estados que incumpran cos dereitos fundamentais sexan chamados á orde.
A importancia dos acordos a nivel europeo, de momento, aportan moi boas novas para a cidadanía dos Estados membros; o Tratado de Lisboa suporá un grande avance, non só económico senón tamén a nivel de dereitos humanos. Por iso tamén debemos felicitarnos porque esta Unión continental vaia tomando forma, e xa que a anceiada Constitución Europea sufriu o varapao dos euroescépticos, polo menos, o Tratado de Lisboa vai vencendo os escollos de países como a República Checa. Esta mesma semana, unha sentencia do Tribunal Constitucional dese país, se ratifica (xa o fixera en 2008) en que o devandito Tratado non é incompatible coa súa Constitución, como os euroescépticos pretendían argüír. Polo visto, o presidente Klaus temía -e teme- que as minorías alemás e húngaras expulsadas do seu territorio despois da II Guerra Mundial (unha limpeza étnica de tres millóns de persoas), se resarzan a través desta Carta reclamando compensacións económicas.

Vid.: http://www.lasprovincias.es/valencia/20091101/opinion/europa-nacionalismo-inmoralidad-20091101.html

3 nov. 2009

Estraña profesión. En lembranza de López Vázquez

O pasamento de José Luis López Vázquez conmove á cultura española, especialmente ao ámbito da farándula no que reinou con méritos abondos durante máis de seis décadas. Estraña profesión esta dos cómicos. José Luis, como o foran tantos outros dos grandes, Paco Rabal, Antonio Ferrandis, Agustín González, ou Manuel Alexandre (o único vivo dos citados, e en activo), entraron no oficio case a contracorrente, renunciando ao que os designios decidiran que era o mellor para eles. Non foi este o caso de Fernán Gómez, herdeiro da estirpe dos Díaz de Mendoza-Guerrero, para quen non cabía outro destino.
Escenógrafo e figurinista, antes que frade cociñeiro, debía saber todo sobre a profesión.
Entenderán que falo soamente dos homes da súa xeración, pouca pegada nos queda das mulleres deses tempos, que de ningún modo acadaron a esa inmensa popularidade e penso en estrelas como a culta Conchita Montes, ou Amparo Rivelles, as máis próximas á xeración de López Vázquez. Pero por máis que queira non me é doado recordar o nome dalgunha gran actriz cunha traxectoria equivalente aos actores citados.
Lina Morgan pode que co mesmo ou o dobre esforzo foise gañando o espazo merecido entre o público e a profesión, ou incluso Concha Velasco, por falar de actrices aplaudidas por todos os públicos desde hai lustros, pero case ningunha máis. Qué sucede, porqué este recalcitrante anonimato arredor das cómicas, agás da adoración ás deusas, mulleres inexistentes na realidade.
Recentemente, escoitaba a Carmen Maura dicirque ela non precisaba de ningún premio nin recoñecemento agás de poderse manter nesta profesión, porque traballar nela é o premio fundamental na súa vida.
Polo que se chega á verdadeira paradoxa das comediantes: quen entroniza @s cómic@s? Sen dúbida os papeis que representan, as historias que se contan, circunstancias onde se desenvolven.
A vida contada desde unha óptica androcéntrica provocará que as nosas miradas se dirixan ineludiblemente aos personaxes masculinos e aos actores que os interpretan.
As circunstancias que elevaron á categoría de xenios a tantos actores aos que homenaxeamos, son as mesmas que destinaron ás mulleres ao oscurantismo e á mediocridade.
Pode que actrices como Lina Morgan, dun xeito consciente ou inconsciente, se decatara disto e elixira o papel da "tonta del bote" para triunfar. Está claro que un papel de culta e ilustrada non estaría (nin está) ben considerado neste mundo "tan progre", como se lle presupón ao da farándula.
As mulleres, salvo en casos nos que a ideoloxía da directora (ou director) traspase a barreira dos prexuízos, non están apenas retratadas, son personaxes secundarios, vilipendiados ou contrapuntos da acción do protagonista, que será case sempre o importante. E, consecuentemente, o laureado, de vivo e de morto.
Así chegan a ser entronizados grandes actores, que na vida real (ou na ficticia) son grandes machistas e maltratadores. Pero non pasa nada; son o poder.
Por non falar do desinterese que teñen guionistas, directores, etc. polos personajes de mulleres maduras. "Iso non vende", pensarán; por máis que sabemos que un bo film, unha boa historia, interesa á xente nova e á maior.
Pero regreso ao asunto que suscitou esta reflexión: un adeus garimoso ao versátil López Vázquez, a esa máscara de si mesmo que nos repasou a historia da España profunda. Recordo aqueles nadales coa Gran familia, co xenial Alberto Closas, sagas coas que o franquismo alentaba os premios de natalidade. Pero tamén recordo o seu transformista, en Mi querida señorita, antecesor de Un hombre llamado Flor de otoño, con Sacristán, ou do mesmo Dustin Hoffmann, en Tootsie.
E como non eloxiar as capacidades xestuais e emotivas en La cabina. A firmeza escénica en La muerte de un viajante. Cantas películas que xa son clásicos, nos que López Vázquez transmitiu a súa profesionalidade (azarosa); sen dúbida, gozaremos contigo, José Luis, moitísimas veces.