Revanchismo de que xénero?

O artigo titúlase “Revanchismo de género” (El País, 19-11-09) pero en realidade debería titularse “...e logo dirán que as violan”, que é o que se deduce da opinión que lle merece a campaña do Ministerio de Igualdade ao escritor Enrique Lynch.
E a campaña contra a violencia de xénero non pode ser máis inxenua; unha chica posa con “mirada diáfana, sonrisa displicente y un poco altanera” (Lynch dixit); acompañada dun eslogan: DE TODOS LOS HOMBRES QUE HAYA EN MI VIDA NINGUNO SERÁ MÁS QUE YO.
A verdade, o que costa entender é a candidez coa que o Ministerio quere “mentalizar” as mozas de que unha muller vale o mesmo que un home, e que non hai razón para que se deixen someter.
Realmente é patético que a estas alturas da historia do noso Estado democrático de dereito teñamos que temperar gaitas con campañas tan descafeinadas. Pero se esta mensaxe tan sinxela non lle chegou a gente instruída, como o autor do artigo, confírmase todo o pesado camiño que nos queda por andar.
Na mente de moit@s está a famosa “sentenza da minisaia”, na que se exculpou a un agresor porque a muller “ía provocando” (e outras moitas do mesmo estilo) que deu lugar a múltiples e apaixoadas controversias acerca da falta de senso común dalgúns xuíces.
Máis adiante, o autor fai referencia a letras de cancións nas que as mulleres se liberan dos seus homes (polo motivo que sexa, basta con deixar de querer, non hai nada de revanchismo niso, creo eu, ou será dos que pensa que o amor é para toda a vida). Pero Lynch, como no caso do xuíz da minisaia, considera ás mulleres, cómplices da violencia que se exerce contra elas. E así manifesta: tres nuevas canciones de esta guisa y la tasa mensual de asesinatos de mujeres acabará por triplicarse”;
desculpando o único revanchismo que existe,
nos asedia, e nos mata; o que atenta
contra a igualdade xenérica e a dignidade humana,
en definitiva, o que procede
de individuos que pensan como el.

De contado, ocórreseme outro eslogan, aplicable ao sr. Lynch, que coreaban as feministas dos anos 80: “Nin é a minisaia, nin é o pantalón -ou a canción- na mente machista, está a provocación”.
E seguindo con eslogans, abro o meu blog a distintas propostas para motivar ao Ministerio de Igualdade en campañas máis contundentes; porque está claro que a cousa light (case de pedir perdón, algo tan feminino) só enardece ás mentes quentes, que rexeitan a emancipación feminina.
Lémbrome dunha sentenza que lanzábamos aos setemachos, ou aos que practicaban escape libre, nos tempos de instituto: “A túa `potencia´ é a túa impotencia” (incluso poderían compartila coa DX de Tráfico.


Comentarios

Entradas populares