EUROPA POLOS DEREITOS HUMANOS

Europa está impulsando o cumprimento das obrigas cidadás de todos os Estados membros, xa era hora.
Unha sentencia europea, esta vez do Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo, considera que os crucifixos nas aulas son un atentado contra os dereitos humanos, e unha vulneración da liberdade relixiosa que un estado aconfesional, como o italiano. Isto ratifica a denuncia interposta por unha nai italiana que denunciou ao seu estado por manter os crucifixos nas aulas, a pesar de que o Estado italiano derrogase o acordo asinado co Vaticano (acerca da confesionalidade católica de Italia) nos anos 60. O máis curioso do asunto é que, por suposto o presidente Berlusconi, coñecido polos seus últimos debuts de ávido puteiro, e non precisamente polo seu profesamento relixioso, pretenda recorrer a sentencia europea.
Sigamos o exemplo da madre italiana que, en definitiva, o que fixo foi valerse dos seus dereitos de cidadá europea para que os estados que incumpran cos dereitos fundamentais sexan chamados á orde.
A importancia dos acordos a nivel europeo, de momento, aportan moi boas novas para a cidadanía dos Estados membros; o Tratado de Lisboa suporá un grande avance, non só económico senón tamén a nivel de dereitos humanos. Por iso tamén debemos felicitarnos porque esta Unión continental vaia tomando forma, e xa que a anceiada Constitución Europea sufriu o varapao dos euroescépticos, polo menos, o Tratado de Lisboa vai vencendo os escollos de países como a República Checa. Esta mesma semana, unha sentencia do Tribunal Constitucional dese país, se ratifica (xa o fixera en 2008) en que o devandito Tratado non é incompatible coa súa Constitución, como os euroescépticos pretendían argüír. Polo visto, o presidente Klaus temía -e teme- que as minorías alemás e húngaras expulsadas do seu territorio despois da II Guerra Mundial (unha limpeza étnica de tres millóns de persoas), se resarzan a través desta Carta reclamando compensacións económicas.

Vid.: http://www.lasprovincias.es/valencia/20091101/opinion/europa-nacionalismo-inmoralidad-20091101.html

Comentarios

Entradas populares