24 nov. 2016

En lembranza de Dorotea Bárcena

Lembranza de Dorotea Bárcena

Marchas Dorotea, Agasallo de sombrasagnus dei; actriz daqueles tempos en que o teatro era rito, tanto fóra como dentro da escena. A actriz de furgoneta, descargas e trafegos dos trebellos: focos, xelatinas e cestos para o vestiario, e cámaras negras de fondo. Todo feito na casa.
Tod@s a unha; e persegue ao Concelleiro, que non embebede que hoxe non cobran @s cómic@s.
Ficheches o imposible, agarrarte a grupa do cabalo e non conseguir soltarte por fortes que soprasen os ventos da antiga farsa.
Teatreira, proletaria de escena, impoñente e tenra; pouco tratei contigo, mais recordo verte gozar nos camerinos, máis dunha vez, despois da función; todo o corpo ebulindo, a maquinaria criativa inda estaba en movemento.

Vaste Dorotea:
recalcitrante teatreira, sen remedo.

8 mar. 2016

8 de marzo, día da muller “sen saias”

Case sempre me tomaría un respiro o Día internacional da muller. Cumpriría o propósito de quedar en silencio para darlle a voz ás persoas que normalmente non a toman, e sumirme o 8 de marzo nunha xornada de reflexión interna, non exenta de autocrítica.
Unha das autocríticas recae sobre a linguaxe. Resulta doado observar como o contido reivindicativo do feminismo vaise diluíndo, trivializando e asumindo desta forma, por parte das feministas, case dun xeito inconsciente. E xa non falamos de feminismo,
falamos de feminismos; xa non de violencia, senón de violencias; ou se empeñan en etiquetar como “micromachismos”, aos comportamentos cotiás ofensivos, agresións de menor voltaxe, cando realmente proceden dun tronco común: a violencia patriarcal.
Cando me atopaba nese ansiado relax, xustamente hoxe, escoito unha boa nova, de alarde reivindicativo, que escandalizaría ás feministas, xa non das herdeiras da terceira onda, dos anos 70; daquelas que queimaban os suxeitadores publicamente e renunciaban a calquera indumentaria que asociase a muller a unha imaxe estereotipada; desas que vestían o pantalón como prenda igualitaria; unha concepción vixente, xa non desde os 60 do século pasado, senón desde o círculo das sufraxistas decimonónicas; as primeiras que reivindicaron a saia-pantalón, como indumentaria indispensábel para o acceso ao mundo público das mulleres.
Pois si, cando estaba nese (merecido) relax, leo que o Concello de Valencia, presidido por Joan Ribó, de Compromís, vén de inaugurar uns “semáforos paritarios”, dun lado hai homes e do outro mulleres. E como os identifican?, pola anatomía? o que resultaría en certo modo, comprensible. Pois non; como nos baños dos bares: as mulleres levan saia, e os homes, pantalóns.
Non é posible! Pois si. Señoras e señores de Compromís: non me digan que pórlle saias ás iconas do semáforo vai en aras de acadar unha sociedade paritaria!
Ata unha folclórica da miña infancia (non podo lembrar o seu nome) cantaba: “El pantalón, ay el pantalón, ya no es cosa, cosa, cosa, exclusiva del varón”.
Habería que mandar a estes “iluminados” a ler feminismo, como medida mínima para ocupar un cargo público; e máis se te reivindicas progresista, roxo ou de esquerdas. En fin, vir cuns mínimos para non meter o zoco. Recapacitar, como neste caso, sobre: “de que falamos cando falamos de paridade?” A non ser que paridade veña de parida, uff!... perdoen a cativeza, pero é que se o tomo en serio, é dramático...
Díganme mellor, que foi unha inocentada, ou unha macacada máis do Trump.

Xa o sabía eu; non hai maneira de descansar da militancia, cada día máis consciente da súa importancia histórica: Viva o 8 de marzo!.

27 ene. 2016

Del cañonazo a la autoayuda: notas sobre violencia de género


Ese día, 25 de noviembre, el ayuntamiento de Vigo había convocado a centros de enseñanza, públicos y privados a celebrar un acto lúdico-reivindicativo con motivo del Día internacional contra la violencia de género (VdG).
Este tablero de libre expresión fue colocado una calle céntrica, para que las y los jóvenes pudieran plasmar su opinión acerca de la violencia de género, sin cortapisas.
La foto del tablón fue tirada a media mañana, por lo que ignoro qué hubiera dado de sí esta tribuna, pero los contenidos no son nada alentadores, ni originales y salvo algún caso, tampoco provocadores; aunque sí ilustrativos, por ejemplo, de la diferente valoración que tienen las chicas y los chicos acerca de la VdG.
Unos simples datos que suscitarían posteriores reflexiones, más pormenorizadas.
Gracias a estas notas, comprobaremos que los chicos salvaguardan la masculinidad de cualquier asomo de machismo. Hablan de los hombres como de los malos de la película; ven los toros desde la barrera.
El violento, los violentos, son seres excepcionales; son malos, la valoración moral prima sobre la idea de justicia.
(un)Hombre que maltrata a una mujer es un cobarde (n.6)
El instinto de posesión tampoco es considerado violencia en los chicos.
Un hombre no maltrata a su mujer. (n.8)
Acusan la superioridad genérica de los hombres sobre las mujeres y sustentan el tópico del respeto sobre el concepto justicia.
Las mujeres también son personas, hay que respetarlas y amarlas (n.12)
Las mujeres sienten el victimismo colectivamente, no son excepcionales y lanzan expresiones exhortativas a sus congéneres (fíjense en el uso de la segunda persona) como estímulo y/o autoayuda.

Yo soy mía (n.1).
Denuncia, basta de humillaciones (n.4)
Vales más de lo que crees (n.14)
Los chicos desvelan una considerable simplicidad léxica, reduciendo el campo semántico del término VdG al sujeto maltratador y al verbo maltratar, algo que indica más que la pobreza de expresión, una deficiente asimilación del asunto que nos ocupa.
¿O será, en el fondo, desinterés, lo que los lleva a repetir sin tino conceptos aprendidos que no repercuten en las mentes propias ni ajenas?
Entre las notas, en grandes tipos (otro aspecto a considerar desde el punto de vista grafológico) dos mensajes que proceden de manos y cerebros más desarrollados: un cañonazo scum
Una recortada por favor (n.10)
Si te levantan la mano, córtasela (n.11)
Resalto, por fin esta nota, a medio camino entre desiderata y consejo de amiga
Eres dueña de tu propio cuerpo
Tú decides cuándo y con quién
Eres libre de vestirte como quieras
tus amigos los eliges tú
No tienen derecho a pegarte (n.13)

25 nov. 2015

Pódese saír do machismo?

"Del machismo se sale" Só era o titular dunha revista que non lin, pero que me chamou a atención. Levábaa unha muller na marcha contra as Violencias machistas, do día 7 de noviembre, en Madrid. 

Aí caín no que realmente me chamou a atención, no paradóxico; en realidade "nunca se sae do machismo". Pódese "saír" dunha relación opresora, de certo maltrato privado, pero non do machismo estrutural no que vivimos e aprendimos a navegar.

Coa soa presencia dese gran cartel mostrando unha muller insinuante e obxectivizada, mentres desembocaba a manifestación contra as "Violencias machistas" confirmabase a contradición reinante nesta sociedade. As mulleres, a pesar dos discursos e das boas vontades dos políticos o día 25 de novembro, estamos atrapadas.